Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 13 de decembro de 2018

martes, 20 de novembro de 2018

PoeMartes ... PintaPoemas

Vaia poetas! Que ben xogades!

E agora, outro reto: debuxar poemas, ilustralos, mesturar palabras e imaxes, crear caligramas ...
De seguro que habedes ser quen de facelo!
Escollede un poema ou escribide o voso. Despois debuxádeo, pintádeo, dádelle vida e cor.
ADIANTE!

Abaixo deixo algúns exemplos que vos poden inspirar.






martes, 13 de novembro de 2018

Outro PoeMartes: Vaia burato!

Que ben os vurullos!! Soubestes ordenalos tan ben!
Pois aí vai outro xogo: VAIA BURATO!

PARA INFANTIL

PARA 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

PARA 4º, 5º E 6º




martes, 6 de novembro de 2018

Comezan os PoeMartes.

Imos xogar! Si. Xa sei que queredes.

Imos xogar ... coa poesía!
Como? Que se é posible? Pois claro!! Aí vos deixo poemas que se "descolocaron".
VAIA VURULLO DE VERSOS!!

Para Infantil, o poema do libro Lúa: en cada aula hai un libro desordenado ... que vós saberedes ordenar.

Para Primeiro, para Segundo e Terceiro: poemas dos que caeron versos ... que vós saberedes colocar.

Para Cuarto, Quinto e Sexto: versos que perderon a súa estrofa ... que vós saberedes atopar.

VELAÍ VAN!!







domingo, 28 de outubro de 2018

Que risa de medo!!!

Crestes que me perdera? Pois non!
Andaba tecendo na nosa Biblio, na procura do outono, do frío e do Samaín e ...
... aquí volos deixo!!

Velaí algúns libros moi destes días que chegan.
Libros con cabazas e esqueletos,
libros para sentir un chisquiño de medo
e para rirnos moito del!



xoves, 14 de xuño de 2018

Limos do ganchete!

Aquí vai o prometido!
Velaí un vídeo que recolle algúns momentos do noso Ganchete.

Nunca deixarán de sorprenderme estas nenas e nenos: o seu compromiso e entrega, a responsabilidade e a mestura de seriedade e ledicia que vexo nas súas actitudes.
En fin ... INSUPERABLES!

Como somos tantos non todos cabemos neste vídeo, pero a todos e todas representa.
A canción é de Guadi Galego, da experiencia vivida con Mil nenos e nenas de Ferrolterra.