Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

martes, 3 de febreiro de 2015

Bañando a lúa en China.

No lateral dereito deste meu blog, en Proxectos Compartidos, podes entrar en NI HAO, China!
Aí vou colocando cousas que atopo, que me gustan e que nos achegan a ese mundo tan especial da cultura chinesa.
Entre elas está este video. É unha animación feita para a Canción para bañar la luna, da miña moi estimada Mª Elena Walsh. Ela era unha muller arxentina que escribiu e cantou fermosos poemas para as nenas e os nenos. De seguro, isto escribiuno... soñando cunha noite chinesa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario