Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

luns, 9 de febreiro de 2015

Luana e os pequechos.

Teño unha amiga especial. Unha amiga miña... e da Lúa! Chámase Luana.
Luana é un ser azul e prata, que medrou coa luz da Lúa e fermosos contos. Por iso quixen que viñera á nosa Biblio para contarnos algún. E... por quen comezar? Pois polos pequechos do cole.
Despois de cartearme cos PITIÑOS e os PEIXIÑOS, conseguimos que atendera a nosa petición. Velaí unhas imaxes que amosan o resultado: olliños e bocas ben abertas, silenzo absoluto. Disque ela marchou moi contenta e, se cadra, con ganas de volver. Si, eu creo que si. Seguro que atende as cartas que reciba.







Ningún comentario:

Publicar un comentario