Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

mércores, 18 de marzo de 2015

Do poder curativo dos libros.

Neste cole onde Eu vivo as entradas e as saídas teñen son; o son dunha composición musical diferente cada semana. Escoitamos voces, estilos, acentos distintos. Ás veces, a peza musical da semana vai acompañada dun vídeo que tamén paga a pena ver.

Nestes días, aínda que a megafonía pretenda ocultalo, entramos e saímos con Be OK, de Ingrid Michaelson. Pois ben: esta canción foi utilizada como acompañamento dun fermoso vídeo titulado Questions of the hearth (preguntas do corazón). Convídovos a velo!

Fala do poder dos libros, tamén para curar as máis tristes doenzas: as que gardamos no corazón. Sempre haberá un libro que achegue respostas para as nosas preguntas. Neste caso, as seguintes:
O amor é para sempre?
Por que non podo facer amigos?
Como consigo chegar aló?
Como enchemos o noso niño baleiro?

Aí vai. Para todos vós. Tamén o deixo gardado no meu Baúl, na caixa de Curtametraxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario