Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

domingo, 19 de abril de 2015

Os maiores recomendamos...

O vindeiro xoves celebramos O DÍA DO LIBRO.
Para min, de oficio Trasno de Biblioteca, é unha data moi sinalada.

Por iso mandei recado ás rapazas e rapaces de sexto de Primaria, para que me axudaran nunha actividade: pedinlles que antes de deixarnos para seguir medrando en Secundaria, lembrasen aqueles libros que coñeceron no colexio e que sempre quererían atopar na Biblio cando veñan de visita.

Eles pensaron e, mentres o facían, sorriron, abriron moito os ollos... lembraron.
Ao final e tras desbotar as repeticións, velaí o resultado.
Desde Infantil ata sexto,
desde onte ata hoxe,
estas foron as lecturas que lles tocaron o corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario