Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

martes, 12 de maio de 2015

De pai e fillo.

Na nosa Biblio tivemos unha sesión moi especial de trono compartido:
Manuel e o seu pai, Héctor, ofreceron aos compañeiros e compañeiras de aula un fermoso e divertido texto de Antón Cortizas titulado Aqueles animais da sabana.

Trátase dun relato rimado, que medra, medra. medra...como medraba o sorriso e a atención das nenas e nenos que escoitaban.
Gustounos moito a todos. A min tamén. Desde o meu agocho...non perdín nin palabra.

GRAZAS, Manuel e Héctor. É marabilloso compartir e construír Biblioteca...entre todos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario