Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 7 de maio de 2015

Sabes ti...a que sabe a Lúa?

Hoxe, na nosa Biblioteca, recibimos un agasallo moi especial.
As nenas e nenos de Infantil, as súas mestras e máis Eu, vimos e escoitamos un fermoso conto ao que todos lle temos especial querencia: A que sabe a Lúa?

Foi un agasallo de cinco mestras que están aprendendo a selo na Universidade da Coruña. Leticia, Ana, Aida, Marta e Lidia son alumnas de 2ºA do Grao de Educación Infantil.

Ofrecéronnos un Contacontos exquisito, delicado...fermosísimo.
Nós estivemos moi caladiños e moi, moi atentos. Gustounos moitísimo. Tanto, que ao final, como sucede no conto, a Lúa sóubonos exactamente a aquilo que máis nos gusta a cada un de nós.

MOITAS GRAZAS ÁS CINCO!! Tamén a Lara, mamá do noso cole, profe de todas elas, por achegarnos esta actividade tan bonita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario