Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 4 de xuño de 2015

Un libro e unha curtametraxe.

Es muy extraño: algunas personas odian a otras porque no son como ellas. Porque son diferentes. Olvidan que ellos también parecerían diferentes si se pudieran ver a través de los ojos de las otras personas.

Este é un parágrafo do libro Gente, de Peter Spier, que temos na nosa biblioteca. Fala do dereito que temos as persoas a sermos todas diferentes e ademais de contalo moi ben con palabras, tamén o fai con fermosas ilustracións.
A min gustoume moito; tanto, que collín prestado un anaquiño dunha imaxe para a caixa Unha marea de xente que gardo na sección de Curtametraxes, dentro de meu Baúl.
Por certo... hoxe gardei aí Ballying, unha curtametraxe que vos recomendo moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario