Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 25 de febreiro de 2016

Volverás, Andrea????

Neste trimestre as rapazas e rapaces de sexto de Primaria compartiron a lectura de Volverás, golfiño de Andrea Maceiras.
Hai dous días todos eles, os seus profes e máis Eu, disfrutamos da súa presenza na nosa Biblio.

Canto nos gustou!!
Contou, leu, escoitou con moita atención. Vin desde o meu agocho que os rapaces estaban engaiolados con ela. Tamén escoitei as preguntas que elas e eles lle fixeron, tan atinadas.
Vivimos un momento moi, moi agradable.

GRAZAS, Andrea. Moitas grazas polo teu libro e pola túa visita. Só nos queda dicirche...
Volverás, Andrea?



Ningún comentario:

Publicar un comentario