Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

venres, 18 de marzo de 2016

Con moitos sentidos.


Yo se lo intento explicar a mi hermano, pero él siempre discute conmigo.
         - Mira, un árbol es una planta llena de hojas -le digo. 
         - No, un árbol es un palo muy grande que sale del suelo y canta -me explica.

Así comeza este fermoso libro de Victoria Pérez Escrivá e Claudia Ranucci, editado por Thule.

Con el podemos aprender a ver cos ollos pechados, utilizando outros sentidos, como fan as persoas cegas.

Onte, na nosa Biblio, escoitei este conto das mans de Natalia, que fala sen voz, coa lingua de signos, como fan moitas persoas xordas.

Natalia é a madriña dun neno do noso cole e ofreceu este agasallo aos nenos e nenas de 5º de primaria, que andan a aprender sobre os sentidos. Despois contouno tamén para as aulas de 5 anos, onde está o seu afillado.

Todos, maiores, pequenos e máis eu, escoitámola pasmados, cos ollos ben abertos e un sorriso de fascinación na cara.
GRAZAS, Natalia. Gustounos moitísimo!!
Como acostuma suceder, os mellores recursos están dentro da nosa comunidade escolar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario