Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

mércores, 9 de marzo de 2016

Proxecto Que pintamos aquí?

Na marxe dereita deste blog, na caixiña de Proxectos Compartidos, gardamos moitos recursos para o noso proxecto Que pintamos aquí?

A min gústame entrar, remexer, disfrutar do que hai nas distintas seccións.
Por exemplo, se falamos de pintar...haberá que comezar polo principio: AS CORES!
Na caixa dedicada a elas podedes atopar algo tan divertido como este vídeo que deixo abaixo.

Queres cantar, bailar e pintar??
Podes facelo con Stop-Motion e Three Primary Colours.
Despois, para descansar, podes facer coma min: métete dentro da caixiña Proxectos Compartidos,
busca, remexe...a ver que atopas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario