Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

mércores, 20 de abril de 2016

Grazas, Pedro!

Hai dous días, desde o meu agocho na Biblio, puiden coñecer a Pedro.

Pedro naceu na Coruña e traballa no campo das artes gráficas. Entre as súas afeccións está a escrita de poemas, como os que recolle no seu libro Cuando el mar ya no se mueve.

Pero mirando e escoitando a Pedro, eu vin sobre todo un exemplo de superación e loita, unha persoa chea de vida, ledicia e actividade.
Así o sentín eu... e cincuenta rapazas e rapaces de sexto de primaria, que quedaron engaiolados coa súa visita.
Polo teu tempo, pola túa presenza, polo teu exemplo... GRAZAS, Pedro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario