Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

mércores, 4 de maio de 2016

Pinta que te pinta.

Desde o meu acubillo na Biblio puiden ver e escoitar hoxe a Lucía Cobo.
Tamén ás nenas e nenos de 5º de Primaria, entusiasmados con ela e coa súa Osa.

Lucía contou con moito tino a complexa e laboriosa tarefa da ilustración. Amosounos o inmenso traballo que tras dela se agocha pero, sobre todo, transmitiunos a ilusión e o agarimo co que naceu a súa Osa, ese seu álbum ilustrado que tanto nos gustou.

GRAZAS, Lucía, polo fermoso agasallo da túa visita. Desexamos que teñas moitos éxitos e que continúes cada día... Pinta que te pinta.



Ningún comentario:

Publicar un comentario