Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

martes, 13 de setembro de 2016

Benvida con homenaxe.

Ola a todas e todos!!!!
Aquí estades! Ben vos vin onte!
A moitos, regresar ao voso cole. A algúns, chegar a el por vez primeira. Canto me gustou!

Non me vistes, verdade? Eu a vós si. E sentinme feliz.
A Biblio e o colexio estaban moi baleiros sen vós.
Hoxe envíovos este meu saúdo ... para que saibades que xa ando a moverme polos meus agochos.

Ademais hoxe, día 13 de setembro, debo facer unha homenaxe:
Hai 100 anos chegaba ao mundo ROALD DAHL.

Roald Dahl é Matilda, Charlie, Superzorro, Agu Trot, A Grrrran Brrruxa, James ...

As súas historias engaiolaron a nenas e nenos que xa teñen moitos anos e seguen engaiolándovos a moitos de vós.

GRAZAS, Roald, polos teus libros, por ter vivido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario