Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

martes, 4 de outubro de 2016

A nosa homenaxe a Roald Dahl

Durante o mes de setembro, na entrada da nosa Biblioteca, quixemos facer unha homenaxe a Roald Dahl.

Alí colocamos a árbore da biblio cos seus libros,
coas ilustracións de Quentin Blake ...
cuns misteriosos obxectos que escaparon das súas historias e que quixeron formar parte dese recuncho.

Moitas nenas e nenos viñestes velo; en especial, os máis grandiños do colexio,
os que podedes ser lectores de Roald Dahl.

Pois ben: a verdadeira homenaxe estamos a vivila agora.
Agora que vós preguntades ansiosos se xa podedes levar á casa algún dos seus libros,
que poñedes cara de mágoa, se vos toca esperar.
Ningunha homenaxe hai mellor que a vosa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario