Hai uns días tiven o privilexio de ver e escoitar a Sara e Álex no recuncho de contar da nosa biblioteca.
Alí estabamos as nenas e nenos de cinco anos, osiños e tartarugas nesta ocasión, coas profes e máis eu, desde o meu agocho.
Ante nós desfilaron historias como Frederick, Un máis, A horta de Simón, Colores e Animais de compañía.
Álex e Sara conseguiron que eses libros, que son un agasallo en si mesmos, medraran aínda máis.
Foi un momento estupendo, que a todas e todos nos gustou MOITO, MOITO, MOITO.
Mil GRAZAS, Sara e Álex!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario