Neste mes de maio, no que andamos inmersos en lecturas do Ganchete, tivemos tamén visitas especiais.
Ánxela Loureiro e Paula Carballeira estiveron na nosa Biblio, nesta ocasión para facer as delicias das nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria, das súas profes e deste trasno que vos fala.
Abaixo deixo constancia das súas visitas ... e do noso agradecemento por telas vivido,
GRAZAS, Ánxela!
GRAZAS, Paula!
Ningún comentario:
Publicar un comentario