Que ganiñas de vervos!
Pero non pode ser. Temos que quedar na casa un tempiño máis.
Desde a miña casa escríbovos eu:
Aquí estou e aquí vos espero, coidando da vosa Biblio e de todo o que ten.
Mentres, por se andades faltos dun conto contado, dun libro para descargar, dun vídeo bonito, lembrade:
- GaliciaLe permite facer descargas de balde. Hai libros para todas as idades, en galego e en castelán.
- As Bibliotecas Municipais da Coruña, ofrecen Contacontos que as bibliotecarias realizan desde as súas casas.
- O meu baúl, BaúldeCascarilla, na marxe dereita deste blog, está cargadiño de cousas bonitas, que vos poden gustar.
Lembra tamén que reler é algo estupendo. Vai aos teus libros da casa. Colócaos comezando polo teu super favorito ... e léeos de novo!!
Coidádevos moito e, xa sabedes: EU QUEDO NA CASA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario