Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

xoves, 2 de abril de 2020

Un agasallo de Laura e Rosa.

Hoxe déixovos aquí un fermoso agasallo da nosa Coidadora, Laura, e da nosa Intérprete de lingua de signos, Rosa.
As palabras que van entre un e outro vídeo, escríbeas Laura para vós.
Como ben sabedes De tradición é o Proxecto deste ano no cole.
As fábulas son unha ferramenta tradicional para a transmisión de principios e valores. Así foi desde os tempos da tradición oral ... e así continúa a ser na actualidade.
Esta lenda permítenos aprender que a palabra ten poder. Unha palabra de desalento a alguén que se sinta desanimado, pode ser que acabe por destruir esa persoa. Teñamos coidado co que dicimos. Unha persoa especial é a que se dá tempo para animar os outros.
Aerodinamicamente, o corpo dun abellón non está feito para voar. O bo é que o abellón non o sabe!
GRAZAS, Laura! GRAZAS, Rosa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario