Biblioteca Escolar
Colexio Ramón de la Sagra (A Coruña)

martes, 17 de decembro de 2024

VOTACIÓN DO PROXECTO PARA O VINDEIRO ANO

 O mércores 18 de decembro votaremos o proxecto do próximo ano 2025.

Ti que elixes?

PUNTO E APP-ARTE


SOBRE RODAS


 

domingo, 17 de decembro de 2023

VOTACIÓN DO PROXECTO PARA O VINDEIRO ANO

 O próximo martes, 19 de decembro, terá lugar a votación para elexir o próximo proxecto.

Ramón Olímpico ou O cole en viñetas? Ti decides!




sábado, 17 de decembro de 2022

VOTACIÓN PROXECTO curso 22/23

 O próximo martes 20 de decembro terá lugar a votación para elexir o proxecto compartido deste curso. 

Xa decidiches cal votar? Que difícil decisión!!

 
 

 


GUÍA DE NADAL 2022

 Ola a todas e todos,

 

 

 

Como cada ano por estas datas, desde BiblioCascarilla facemos a nosa selección de libros, como suxerencia para poder incluír nesas cartas para os Reis ou Papá Noel.

Os libros tamén estarán dispoñibles na nosa biblioteca para poder disfrutalos no cole ou viaxar ás casas nos préstamos.

Felices lecturas, felices festas e feliz 2023.

DESDE 3 ANOS: 

- ZigZag, los vehículos. Ed. combel, libro divulgativo.

"Un libro acordeón gigante sobre los vehículos que se despliega ¡hasta 2 metros de largo! En un lado están las escenas y en el otro, un montón de cosas increíbles y divertidas para aprender sobre todo tipo de vehículos: desde triciclos hasta limusinas, ambulancias y camiones de basura; desde los más pequeños hasta los más largos y los más rápidos del mundo."

 
- Inundado. Bindi books, álbum ilustrado. 

" Una mañana, la ciudad se despertó y sus habitantes descubrieron que todo estaba un poco... ¡mojado! Al principio parecía no importar a nadie. Pero la pequeña cantidad de agua se convirtió en un gran problema. Una historia que desborda vigor y esperanza, un canto a la fuerza de transformación de la gente cuando conseguimos trabajar todos juntos."

 
- Helados de luna. Editorial Kókinos, poesía.
"Una noche de calor sofocante, en la que se va la luz, los vecinos de un edificio estaban desesperados porque no podían dormir. De pronto, ¡la luna comenzó a derretirse! La portera, una abuelita muy ingeniosa, recogió las gotitas y fabricó helados para todos. Los helados estaban fresquitos y ricos, así
que todos pudieron dormir a pesar de tener los ventiladores y el aire acondicionado apagados. Cuando todo estaba en calma, dos conejos que vivían en la luna tocaron a la puerta. Se habían quedado sin hogar.
Pero la abuelita encontró la solución también para ellos...
Una historia en la que una comunidad de vecinos vive una ola de calor y una ola de amor. El cuidado de unos que ayudan a otros y el cuidado de la tierra y la luna.
Un álbum muy recomendable para todos esos pequeños imaginativos, adoradores de la luna ¡y de los helados! Y, por supuesto, para los enamorados de esas abuelitas que con empatía y amor inventan momentos mágicos. "
 
- Esperando o amencer. Kalandraka editorial. Álbum ilustrado.
" Unha historia que destaca pola pertinencia e pola actualidade do tema tratado, onde resoa a voz da Amazonía “como protesta ante a explotación e a conseguinte destrución do medio”. O relato conta que os animais que o habitan, preocupados porque a selva leva varias semanas envolta nunha longa noite, deciden emprender unha viaxe para descubrir por que non amence."
 
- Así ou así?. Kalandraka editorial. Álbum ilustrado.

"Os nenos e nenas encontran a miúdo a forma máis orixinal ou divertida de afrontar as tarefas cotiás, aínda que non sexa sempre a máis práctica ou recomendable.

En Así ou así? descubrirás que sempre hai outra maneira de facer as cousas.

Unha proposta transgresora que convida á participación na que pequenos e maiores se verán reflectidos. "

 
DESDE 6 ANOS
 
- E se me come unha balea? Editorial flamboyant. Álbum ilustrado.

"Martín tiene una imaginación desbordante que a veces le juega malas pasadas. Se imagina que ocurrirán cosas catastróficas y, de lo mucho que se preocupa, tirita como un flan. ¿Y si explotan todos los globos en la fiesta? ¿Y si se pierde en la excursión con su clase? Pero entonces su madre decide darle la vuelta a sus miedos... ¿Y si lo mejor está por llegar?"

 
- Nacer. Lectio ediciones. Poesía.

"La aventura de nacer sucede de muchas formas, saliendo de un huevo tibio o de una panza redonda. Venir a la vida es un viaje apasionante, la naturaleza nos impresiona con su diversidad y creatividad. Te invitamos a conocer cómo nacen algunos animales a través de un relato dinámico y entretenido creado por Paulina Jara, acompañado de las hermosas ilustraciones de Mercè Galí que te harán apreciar aún más el maravilloso acto de llegar al mundo."

 
- En un segundo. Zahorí books. Libro divulgativo.

"Pueden pasar tantas cosas en un segundo! En esa fracción de tiempo, por ejemplo, el universo es capaz de crear 4.000 estrellas nuevas. Sin embargo, a veces ocurre todo lo contrario: la naturaleza pasa de un ritmo trepidante a la paciente lentitud, y una semilla puede necesitar años para convertirse en un árbol. Este libro es un fascinante descubrimiento de las distintas velocidades del universo. "

 
- O gran libro da nosa horta. Editorial cumio. Libro divulgativo.

"Ter unha horta na casa está ó alcance de calquera. Só precisas saber algunhas cousas e poñerte máns á obra. Neste libro atoparás todo o que precisas saber para creares a túa horta na casa e dende cero. Coñecerás o lugar perfecto para ela, os procesos de semente e colleita e os cultivos que podes poñer en cada época do ano para así ter froitas e verduras frescas cada día."

 
- Los viajes extraordinarios de Axel. Libro divulgativo.

" Axel es un joven con alma de explorador al que le apasionan la ciencia y la historia.

Su curiosidad lo lleva a convertirse en químico, astronauta, buzo o excursionista mientras descubre las maravillas de nuestro planeta.

Lo acompañan su mejor amiga Soon, la gata Zelda y el avispado pájaro Arquímedes. Juntos exploran el fondo submarino, el espacio, el mundo de los animales salvajes, la vida en la granja y hasta la ciudad del futuro.

Gracias a la aplicación Les Voyages extraordinaires d'Axel, concebida por Maison Tangible, ¡las imágenes cobran vida como por arte de magia!

Pídele a un adulto que baje la aplicación a un teléfono móvil o tableta y luego pásala por encima de las páginas del libro. ¡Te esperan una infinidad de sorpresas! "

 
 
 
 DESDE 9 ANOS
 
 - Viajar sin prisa. Editorial flamboyant. Libro divulgativo.

"Ya sean a pie, en bicicleta, en barco o en tren, todos los viajes de este libro te permiten adentrarte en la historia, absorber el paisaje y conocer a personas extraordinarias de todo el mundo mientras viajas… sin prisa. Tanto si deambulas por la ciudad rosa de Petra como si navegas hacia atrás en el tiempo por el río Nilo, atrévete a descubrir por qué es el viaje y no el destino lo que importa. Disfruta de estas 40 rutas mientras conectas con el mundo."

 
- Versos de calendario. Editorial kalandraka. Poesía.

 "El paso del tiempo a través de las estaciones, la memoria, lo cotidiano, los libros y la literatura… Versos del día a día para compartir en voz alta en grupo o disfrutar en la intimidad."


- Bellezas. Editorial mosquito. Libro divulgativo.

" Durante toda la historia de la humanidad la belleza se ha representado de diversas maneras. El cuerpo ha sido el maravilloso lienzo sobre el que mujeres y hombres han expresado sus ideas y creencias. Es fascinante descubrir de qué maneras los pueblos han decorado y moldeado sus cuerpos y desvelar las asombrosas historias sobre la belleza. Este es un libro que habla de la diversidad, del respeto y de la paridad de géneros."

 
- La caricia del viento. Libros del zorro rojo. Cómic.

" «Cuando hay sombra, es porque el sol brilla en el cielo.»   

Durante la infancia, el mundo es un continuo descubrimiento, un aprendizaje diario cargado de sorpresas. Así lo vive el protagonista de este libro de viñetas, una especie de conejito o pequeño roedor, que mira, se pregunta y avanza mientras se desenvuelve en sencillas aventuras vinculadas con el entorno natural y la amistad."

 
- Edadrebil. 7 contos e 1 espello. Narrativa.

 "Unha extraordinaria aventura para ler, mirar, xogar e imaxinar, un canto á liberdade creativa. Un can namorado da lúa que non sabe ladrar, un home do saco sen nenos que asustar, unha familia que viaxa por unha autoestrada do tempo... son algúns destes relatos, divertidos, transgresores e surrealistas, que convidan os lectores e as lectoras a formar parte da obra. Para descifrar o último, cómpre un espello que acompaña o libro! As imprescindibles ilustracións de Miguel Calatayud póñenlle o broche de ouro a esta obra, considerada na lix como una das 100 mellores do século XX."

 

 

 



mércores, 7 de setembro de 2022

COMEZA UN NOVO CURSO!

 Comeza un novo curso.

Que ledicia tervos aquí outra vez!

Un novo curso con patios sen fronteiras, sen liñas que nos separen ... cheo de momentos de GANCHETE!!

Ganchete!!! por que non comezar lembrando ese pequeno Ganchete do curso pasado?

VELAÍ VAI!!





luns, 20 de decembro de 2021

GUÍA DE NADAL.

 Felices festas, feliz novo ano e felices lecturas!!








Temos novo Proxecto!

 Co novo ano comezaremos un novo Proxecto Compartido:

QUE FRÍO!

Tamén poderemos coñecer moitos libros novos:


Algúns xa preparados para viaxar ás vosas mans ...
E outros que acban de chegar!!



domingo, 30 de maio de 2021

Ata sempre, Eric!!

 GRAZAS, Eric Carle, por tanto que nos levas dado.

Prmetemos coidar da eiruga, do grilo, da semente, dos números, das formas, do cabaliño de mar, do cabalo azul ...

Ata sempre, querido Eric.



martes, 6 de abril de 2021

mércores, 3 de marzo de 2021

Movéndonos entre Luces.

 Así andamos: lendo, investigando, experimentando, aprendendo sobre LUCES, o noso proxecto compartido neste curso.

Luz natural e artificial, luz e cores, luz e visión ... ou cegueira, luminiscencia, refracción...

O arco da vella, os faros, o noso FARO, Edison, Newton, Galileo, Einstein ...

Por iso as nosas entradas do colexio están cheas de recursos relacionados coas luces!






martes, 2 de marzo de 2021

Moitos libros novos!

 En xaneiro e febreiro chegaron moitos libros novos.

Velaí só uns pouquiños deles!





xoves, 10 de decembro de 2020

mércores, 2 de decembro de 2020

Un recanto novo na nosa Biblio.

 OLA A TODAS E TODOOOOS!!!!!!!

Que curso tan raro e distinto, verdade?? Hai cousas que nos encantan, pero que non podemos facer de momento.

Por suposto, os agasallos e sorpresas seguen sendo posibles, así que, temos moitos LIBROS noviños e ... UN RECANTO PARA XOGAR!!!!

Xa veredes cantos xogos ten! Hainos de lóxica, de habilidade, xogos para crear, para soñar... Velaí uns pouquiños:


Como por agora non os podemos compartir, están aí quietiños agardando por nós.

Eu non quero que se estraguen, nin que se luxen ou perdan algunha das súas pezas. Pero iso non vai suceder, porque unha profe amiga miña está a fabricar unhas fermosas bolsas para gardalos. Mirade que bonitas!!




sábado, 16 de maio de 2020

No día das nosas Letras.


No Día das nosas Letras, dous fermosos agasallos que nos fan as Bibliotecas Municipais da Coruña.

O primeiro, unha delicia para ver e escoitar: Agarimando  palabras.
O segundo, un divertido xogo con algúns deses contos que tan ben coñecedes: Adiviña contos en galego

Veña: abride os paquetes... e disfrutade dos agasallos!!

GRAZAS, queridas Bibliotecas amigas.


mércores, 22 de abril de 2020

Un agasallo no Día do Libro.

Meus benqueridos todos e todas:
Gustaríame moito aumentar os meus poderes máxicos neste momento.
Gustaríame ser quen de abrir as ventás da vosa Biblio e facervos chegar polo aire algún deses contos, deses libros que tanto vos gustan.
Pero, por máis que o intentei, non logrei facelo... de momento!

Por iso, voume aproveitar da xenerosidade de dúas editoras e de varios autores para que poidades disfrutar dalgunha historia a través da pantalla:

Neste primeiro enlace accederedes a Contos Contados.

Os seguintes permiten ler en pantalla:
 Feliz Feroz (desde os seis anos)
 Fred Quincalla, o nómade do mar (desde os oito anos)
 Vaia tropa! (desde os nove anos)

FELIZ DÍA DO LIBRO! Eu seguirei practicando cos meus poderes.

xoves, 2 de abril de 2020

Un agasallo de Laura e Rosa.

Hoxe déixovos aquí un fermoso agasallo da nosa Coidadora, Laura, e da nosa Intérprete de lingua de signos, Rosa.
As palabras que van entre un e outro vídeo, escríbeas Laura para vós.
Como ben sabedes De tradición é o Proxecto deste ano no cole.
As fábulas son unha ferramenta tradicional para a transmisión de principios e valores. Así foi desde os tempos da tradición oral ... e así continúa a ser na actualidade.
Esta lenda permítenos aprender que a palabra ten poder. Unha palabra de desalento a alguén que se sinta desanimado, pode ser que acabe por destruir esa persoa. Teñamos coidado co que dicimos. Unha persoa especial é a que se dá tempo para animar os outros.
Aerodinamicamente, o corpo dun abellón non está feito para voar. O bo é que o abellón non o sabe!
GRAZAS, Laura! GRAZAS, Rosa!

xoves, 26 de marzo de 2020

Desde a vosa Biblio.

Ola a todas e todos!!
Que ganiñas de vervos!
Pero non pode ser. Temos que quedar na casa un tempiño máis.
Desde a miña casa escríbovos eu:

Aquí estou e aquí vos espero, coidando da vosa Biblio e de todo o que ten.
Mentres, por se andades faltos dun conto contado, dun libro para descargar, dun vídeo bonito, lembrade:

  • GaliciaLe permite facer descargas de balde. Hai libros para todas as idades, en galego e en castelán.
  • As Bibliotecas Municipais da Coruña, ofrecen Contacontos que as bibliotecarias realizan desde as súas casas.
  • O meu baúl, BaúldeCascarilla, na marxe dereita deste blog, está cargadiño de cousas bonitas, que vos poden gustar.

Lembra tamén que reler é algo estupendo. Vai aos teus libros da casa. Colócaos comezando polo teu super favorito ... e léeos de novo!!

Coidádevos moito e, xa sabedes: EU QUEDO NA CASA.